Nunha sala ateigada de público, o profesor Burghard Baltruzch desenvolveu para as persoas asistentes un espléndido relato sobre José Saramago, entre o poético e o político. Foi presentado polo profesor Félix Caballero.

2023-04-18 JoseSaramago

O relator (profesor de Literaturas Lusófonas e presidente da I Cátedra Internacional José Saramago na Universidad de Vigo) fixo un recorrido pola xuventude de Saramago como xornalista e como militante comunista libertario.
Asemade, e con documentos gráficos, ilustrou a súa vinculación con Galicia relatando todas as súas visitas, tamèn falou do seu activismo por diferentes causas en Brasil e México, concretamente en Chiapas. O seu libro “Chiapas nombre de dolor y esperanza” é froito dos apoios á causa zapatista.
Falou despois dun dos seus poemarios máis relevantes “O ano de 1993” con ilustracións de Graça Morais.

Ssramago Relator
Burghard Baltruzch durante a súa intervención

Analizou, tamén, o estilo do escritor gañador do Nobel.
Saramago identifícase cos personaxes que crea, considérase un ensaista que escribe novelas porque non sabe escribir ensaios. Dálle moitísima importancia á música, as sinestesias.
As súas novelas son como longos poemas, como unha fuga musical. Imita a linguaxe oral, é característica a súa forma de puntuar.

Ssramago Público

Por último falou do seu compromiso coa humanidade cando propuxo que ao lado dos dereitos humanos terían que aparecer unha serie de deberes, porque os seres humanos temos tamén obrigas coa sociedade. Como exemplo a igualdade de mulleres e homes ou o respecto polo planeta.

Ssramago Público