Visita guiada á exposición
A cultura africana
Con Ibrahima Niang
Xoves 18 de xuño, 18.30 horas
Casa das palabras (Verbum)

O Ateneo Atlántico prácese en convocar unha visita guiada á exposición A cultura africana que se está a desenvolver na Casa das palabras de Vigo (Verbum).
O noso guía será Ibrahima Niang, coordinador da exposición.
A visita será o xoves 18 de xuño a partir das 18.30 horas.
A duración aproximada da visita é de arredor de unha hora.
O máximo de participantes será de 20 persoas.
A visita realizarase con reserva previa a través do seguinte formulario:

O prazo para a inscrición será do martes 9 ás 20 horas ata o martes 16.
O máximo de inscricións por formulario será de dúas persoas.
No caso de houberen máis de 20 solicitudes, o proceso para a adxudicación das prazas será o habitual. Se houbese suficientes solicitudes organizaríase unha segunda quenda en data a determinar.


Guía da exposición

A EXPOSICIÓN
Durante séculos a diversidade e a calidade da artesanía africana foron descoñecidas no mundo en xeral. Hoxe, o descoñecemento crece para moitos debido á súa pertenza ao mundo misterioso dos tesouros secretos que hai que descubrir.
A mostra “A cultura Africana” quere compartir a riqueza cultural dun pobo, a súa permanente ambigüidade que é a imaxe da súa verdadeira vida. E faino a través de instrumentos rituais, obxectos de culto, máscaras, etc.
Ao mesmo tempo, preténdese que a arte africana non se vexa só dende unha concepción occidental; por iso é preciso aplicar aquel consello de amigo africano que recomenda que “non se pode xulgar cunha mentalidade occidental, una creación africana”.
Por último, resaltar a importancia que ten dar a coñecer o continente africano para descubrir modelos de vida, de pensamentos e de acción diferentes aos nosos.