Por mor da situación de alerta sanitaria pola que estamos a atravesar, a Xunta Directiva do Ateneo Atlántico, en xuntanza urxente, ten decidido aprazar esta actividade ata que as condicións permitan organizala con garantías absolutas para as persoas asistentes.
 
 

 Homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Xosé Ramón Pousa
Carlos Bernárdez
Modera Marta Viana

Xoves 21 de xaneiro, 19 horas
MARCO, Vigo

 O Ateneo Atlántico, en colaboración cos Ateneos de Galicia, rende homenaxe ao pintor, ceramista, escritor, editor e gran activista da cultura galega, Isaac Díaz Pardo.

No acto presentaremos o libro ‘Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xentes do seu rueiro‘, editado polo Ateneo de Santiago.

Participarán Xosé Ramón Pousa e Carlos Bernárdez, coa moderación de Marta Viana.

Xosé Ramón Pousa é profesor de Comunicación Audiovisual
da USC e xornalista; Doutor en Ciencias da Información pola
Universidade Autónoma de Barcelona, na actualidade é decano da facultade de Ciencias da Información da USC. É secretario da Asociación Galega de
Investigadores en Comunicación e forma parte da xunta directiva do Ateneo de Santiago.

Carlos Bernárdez é licenciado en Xeografía e Historia,
sección Historia da Arte. Comisario de exposicións, crítico de arte, ensaísta e
profesor de Lingua e Literatura Galegas. Como ensaísta ten publicado
obras no eido da literatura e
no campo da arte galega. Como comisario, ten organizado
exposicións con importante repercusión no eido da cultura galega. É membro da xunta directiva do Ateneo Atlántico.

Marta Viana é responsable de comunicación e
didáctica do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Licenciada en Historia da Arte antiga e
medieval e Historia da arte contemporánea pola USC. Especialista en arte, é gran coñecedora da figura e obra de Isaac Díaz Pardo.

Xoves 21 de xaneiro de 2021.
19 horas.
Museo MARCO de Vigo (rúa do Príncipe).

O aforo do local está limitado a 33 persoas que se completarán por rigorosa orde de chegada.