O pasado mércores 23 de novembro, na Casa do libro, o Ateneo Atlántico organizou a presentación en Vigo do Libro Cruzados polo Camiño, do ateneísta José G. Barral, Chiño.
No acto, ademais do propio autor, participou Germán Fente, médico e amigo da infancia de Chiño. Presentou o acto, por parte do Ateneo, Emilio Zunzunegui.
O libro, publicado por Galaxia, acadou o premio de novela Camiño de Santiago 2021, e vén se ser traducido e publicado en castelán.
Ano 2010. Comeza a estenderse en medios eclesiásticos o presentimento de que a seguridade do papa Bieito XVI podería estar comprometida na visita a Santiago de Compostela. Deste xeito iníciase unha frenética pescuda de sospeitas e indicios onde personaxes singulares conflúen para dar coa suposta maquinación.
O acto comezou ás 19.30 horas cun local con todas as prazas ocupadas.
A presentación correu a cargo de Emilio Zunzunegui que fixo unha sucinta semblanza das dúas persoas participantes, Chiño Barral e Germán Fente.
Germán Fente, médico, e amigo da infancia do autor, lembrou para nós algunhas anécdotas da súa relación don Chiño e co libro que hoxe presenta. No tocante ao propio libro destacou a súa ruptura de normas respecto a un xérero cada vez máis bulgarizado, como é o da novela negra salintando aspectos tan rompedores como que o invertigador-protagonista sexa un cura.
O autor, Chiño Barral, fixo un interesante e documentado percorrido sobre os avatares do Camiño de Santiago ao longo da súa historia. Especial fincapé á recuperación do camiño nas decadas dos cincuenta e sesenta do pasado século con participación de persoeiros da talla de Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Torrente Ballester ou Don Álvaro Cunqueiro.
Desexou aos lectores e lectoras que gocen tanto da lectura como gouzou el da escrita.