Manolo Bragado: socio de honra

Presentamos o vídeo gravado no acto de homenaxe a Manolo Bragado no que foi recibido como socio de honra do Ateneo Atlántico. O acto tivo lugar no salón Vitruvia o pasado 23 de setembro e contou coa participación de María Jesús Bragado, Jacobo Buceta, Ledicia Costas, Xosé María Palmeiro e Amada Traba. A actuación musical correu a cargo de Nausica.

Palabras de agradecemento de Manolo Bragado:
“Reitero a miña gratitude a todas as persoas do Ateneo Atlántico pola vosa xenerosidade e afecto comigo e coa miña familia. O Ateneo Atlántico está recido coa mellor tea da humanidade. Contade coa miña colaboración activa para aquilo que precisedes de min. Con todos os abrazos de Manolo”.
Grazas a ti por formar parte desta familia.