As Viaxes do Ateneo
A Ribeira Sacra Lucense
Románico, viño, auga e paisaxe
Sábado 19 Outubro 2019
35€ soci@s · 40€ non soci@s
Aproveitando as cores do outono, o Ateneo Atlántico volve propoñer unha saída cultural e gastronómica, nesta ocasión pola Ribeira Sacra lucense, preto de Chantada.
A visita permitiranos desfrutar das paisaxes únicas do Río Miño no entorno do Encoro de Belesar, e sobre todo facer visitas a algúnhas das Igrexas e monumentos románicos menos coñecidos e máis agochados da Ribeira Sacra, gracias ao acompañamento das guías de Máis que Románico. Aproveitaremos tamén a oportunidade para visitarmos unha adega da
Denominación de Orixe e cata-los caldos mencía e godello que alí se
producen, e ter tamén ocasión para unha boa papatoria de polbo en
Chantada.
O programa da visita é como segue: 
  • 9:00 – SAÍDA dende o reitorado do Areal.
  • 10:45 – Chegada ao punto de encontro coa guia de Máis que Románico no auditorio de Chantada.
  • 12:15 – Visita a SAN PAIO DE DIOMONDI, igrexa do século XII que pertenceu a un mosterio, e cunha portada con capiteis ricamente decorados.
  • 11:15 – Visita a SANTO ESTEVO DE RIBAS DE MIÑO, un exemplo do románico
    tardío do século XIII, no que destaca o rosetón de pedra calada de
    case catro metros de diámetro que o convirte nun dous máis grandes de
    Galicia.
  • 13:00 – Visita á Adega Ribada pertencente á denominación Ribeira Sacra.
  • 14:30 – XANTAR e papatoria no polbeiro Os Pendellos de Chantada. O menú consistirá nun plato de culler (caldo/ sopa) de primeiro. E logo polbo e máis carne richada de segundo. Sobremesa e bebidas incluidos.
  • 16:30 – Visita  a igrexa de SANTA MARÍA DE PESQUEIRAS, situada nun souto a carón do río Miño, e moi preto do encoro de Belesar, que alberga no seu interior uns frescos do século XVI.
  • 18:00 – Visita a SANTA MARÍA DE NOGUEIRA DE MIÑO, unha igrexa sobre un meandro do Miño, obra do século XII, que conserva no seu interior unha das mellores coleccións de pintura mural galega correspondentes aos séculos XV e XVI.
  • 20:00 – REGRESO a Vigo

Os soci@s e simpatizantes do Ateneo, xa tendes máis detalles para face-la inscrición dispoñibles no voso correo.