O dia 1 de outubro reunímonos dezanove persoas para debater sobre “O verán sen homes” de Siri Hustvedt.
Na obra, unha muller madura perde o xuizo logo de saber que o seu marido decide facer “unha pausa” no matrimonio. A “pausa” é francesa. Cando abandona o psiquíatrico refúxiase na súa cidade natal, en Minessota, onde aínda vive a súa nai, nunha residencia de anciás e na que consigue traballo impartindo un obradoiro de poesía para adolescentes. Este “verán sen homes” sérvelle para ir recompoñerse da infidelidade e ir coñecendo as mulleres de arredor: as amigas da súa nai, as rapazas do obradoiro, unha veciña con dous fillos… Indaga a través delas na súa propia existencia, no seu pasado como muller e como poeta.
Con mestría Hustvedt introduce poemas, debuxos da súa autoría, referencias a textos científicos, ensaios, mails…e mesmo fai unha chiscadela á persoa que lé facéndolle anticipacións sobre o relato.
En xeral gustou moito aínda que o final pareceu decepcionante e pouco feminista. Como personaxes favoritas aparecen a nai e a súa amiga Abigail. Admiramos o xeito de describir a loucura transitoria e as relacións de bulling entres as adolescentes. Houbo que apuntou na autora engreimento e alardes de intelectualidade neoyorquina.
A maioría desfrutamos co libro e propuxemos para a próxima sesión do dia 5 de novembro o libro “Infamia” de Ledicia Costas.