Consecuencias na adolescencia do modelo pornográfico
O 9 de novembro, Pepe Cabido e Chis Oliveira conversaron sobre as consecuencias na adolescencia do modelo pornográfico. Nunha charla amable e fluída puxeron sobre a mesa a máis que preocupante evidencia de que os mozos cada vez acceden máis a páxinas pornográficas en internet. A influencia deste modelo pornográfico está a configurar de xeito totalmente sesgado a formación sexual das novas xeracións, con repercusións claras na formación dunha nova onda machista de proxección incalculable.