• Es hoy. Clube de lectura. Novembro 2026

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza 4 de novembro) é “Es hoy” do debuxamte madrileño Carlos Giménez publicado por Reservoir Books no ano 2020. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

  • O conto como viaxe mental. Quico Cadaval. Ciclo Fala Viva 4

    “O conto como viaxe mental” é o cuarto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Quico Cadaval o monologuista desta viaxe será presentado por Irene Bascoy. Cando? Xoves 5 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

  • Falar en man común. Mesa redonda. Ciclo Fala Viva 5

    “Falar en man común” é o quinto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes de colectivos que realizan actividades a prol da lingua falada: Asociación Atlántida, Ponte nas Ondas e Asociación de Escritores en Língua Galega, e coa coordinación de Xavier Paz do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 10 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra). ! Nota.- Este acto estaba programado para o 11 de novembro, e cambiouse en solidaridade coa Folga Xeral desa data.

  • Laicismo e igualdade. Un desafío para a democracia. Antonio Gómez Movellán

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Palestra do Ciclo da Memoria Democrática de Antonio Gómez Movellán ao redor do concepto de laicismo e igualdade como desafío democrático que defende a separación entre o Estado e a relixión así como a garantía plena da liberdade de conciencia no ámbito público: Quen? No acto estará presente Antonio Gómez Movellán (relator) que será presentado por Rosa Pascual. Cando? Xoves 12 de novembro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa 2, 36202 Vigo, Pontevedra).

  • O aire será a páxina. Poesía fóra do papel. Yolanda Castaño. Ciclo Fala Viva 6

    “O aire será a páxina. Poesía fóra do papel” é o sexto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estará presente Yolanda Castaño que será presentada por Luísa Abad do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 17 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

  • O libro de Barro. Pepe Barro

    Presentación do libro de deseño de Pepe Barro: O libro de Barro. Quen? No acto estarán presentes Pepe Barro (autor), Mónica Maneiro, Anxo Angueira e Xosé Carmos Bernardez (presentador). Cando? Xoves 19 de novembro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra).