Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca da EMAO.

Banca Ética

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

O martes 16 de abril, ás 19.30 horas, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia, unha moeda social galega, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare, modelo de banca ética.

Saída á comarca do Deza

Románico, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa, a Carboeiro, e ao poboado mineiro de Fontao, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces.

Segunda Merendola Feminista

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Despois do éxito da primeira, a comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha segunda merendola. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Dado que nos faltou tempo, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o mércores 22 de abril, a partir das 18 horas no local do Ateneo.

Presentación libro, Xina Vega

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O luns 22 de abril, ás 19.30, na biblioteca da EMAO, a nosa amiga e afiliada Xina Vega presenta con nós o seu último libro, O teu perfil na miña sombra (Diario dunha nai). No acto estará acompañada de Carme Adán, Inma López Silva e Marcos Calveiro.

A poética trasatlántica

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

A poética trasatlántica é o tema arredor do que conversan Alberto Avendaño e María Xosé Porteiro. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO, o martes 23 de abril, a partir das 19.30 horas. Ademais, Alberto Avendaño recitará algúns dos seus poemas.

Que a forza nos acompañe

Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, Spain

A Agrupación Amiga do Marco, en colaboración co Ateneo Atlántico, presenta o acto Que a forza nos acompañe, Poética en acción. Será nos locais do Marco, o 4 de maio, a partir das 19.30 horas. No acto, que segue o modelo de Entrada inversa, participarán Silvia Penas, Ana Corzo, Samuel Merino, Nila A. Pousa, Acoyani Guzmán e Noelia & Rui Grenha.

Club de lectura de abril

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de abril é La única historia, de Julián Barnes. A xuntanza terá lugar o martes 7 de maio, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Lembramos que o Club de lectura está aberto a todas aquelas persoas que queiran participar.