• Serê Kaniyê Documental. Olmo Couto

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Serê Kaniyê de Olmo Couto. Quen? Asistirá o propio director Olmo Couto. Cando? Mércores 14 de outubro, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Cines Norte. (Pendente de completar. Confirmar datos !)

  • Abolicionismo da prostitución, un debate ético. Faladoiro.

    As benfaladas do Ateneo convocan esta xuntanza arredor dun té para conversar sobre abolicionismo e prostitución cun enfoque ético. O faladoiro está conducido por Silvia Pérez Freire sociologa e especialista na materia. Cando? Martes 20 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Local do Ateneo (R/ Hernán Cortés 28, 36203 Vigo, Pontevedra).

  • Encontro de clubes de lectura. Ciclo Fala Viva 2

    "Encontro de clubes de lectura" é o segundo acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes dos clubes de lectura de asociacións e entidades de Vigo: Irene Alonso (Librouro), Xabier Queipo (Río Lagares), Moncho Seixo (Escola de Idiomas), Lila del Olmo (Ateneo Atlántico), e coa coordinación...

  • Saída a Celanova e Xurés

    O Ateneo Atlántico organiza unha saída á Celanova e ao Xurés para o vindeiro domingo 25 de outubro de 2026. A saída será ás 8.15 horas desde o Instituto Santa Irene e ás 8.30 da mañá desde a rúa Areal (antigo Reitorado). Nota: ter en conta que neste día prodúcese o cambio de hora. Programa...

  • A tradición narrativa, onte e hoxe. Ciclo Fala Viva 1 (Pontevedra)

    “A tradición narrativa, onte e hoxe” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico na cidade de Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra. Quen? Camiño Noia será presentada por Luís Rei presidente do Ateneo de Pontevedra. Cando? Luns 26 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? Na Biblioteca IES Valle-Inclán de Pontevedra.

  • Salaam Cinema. Ciclo A película da túa vida: Josiño Araújo

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Salaam Cinema de Mohsen Makhmalbaf proposto por Josiño Araújo dentro do ciclo A pelicula da túa vida. Quen? a proxección asistirá Josiño araújo (cineasta, escritor e avogado() e será presenrda por Virginia Calviño. Cando? Martes 27 de outubro, a partir das 19.30 horas. Onde? No local do Ateneo (r/ Hernán Cortés 28. Vigo).

  • Cunetas. Luís Pimentel

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro de Luís Pimentel: Cunetas. Quen? No acto estarán presentes Claudio Rodríguez Fer (autor da introdución), Xurxo Martínez González (autor do epílogo), Henrique Alvarellos (editor) e Fernando Fernández (presentador). Cando? Mércores 28 de outubro de 2026 ás 19.00 h. Onde? Biblioteca EMAO (R. de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra). A obra A...

  • Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. Ciclo Fala Viva 3.

    “Heichos contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego” é o terceiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Rafael Quintiá o autor do libro será presentado porMiguel Costas do Ateneo. Cando? Xoves 29 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).