Convocatoria Exeria 2026

O Ateneo Atlántico de Vigo convoca a sexta edición do seu certame de relato breve Exeria Ateneo Atlántico. Neste 2026 os orixinais xirarán arredor do tema ‘Vigo fronteira’. O Certame rexirase polas normas que aparecen a continuación nesta mesma páxina ateneoatlantico.gal

2026-02-01 Convoca Exeria 26

Convocatoria Exeria Ateneo Atlántico 2026
Bases

  1. Prazo de presentación de orixinais dende o 1 de marzo ata o 30 de abril.
  2. Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha estar escrito en lingua galega, sen axuda da IA e que non fose gañador en anteriores convocatorias.
  3. O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos espazos e título.
  4. O tema será…VIGO fronteira.
  5. Establecerase un premio de 1.500 euros e unha escultura de Cuqui Piñeiro, suxeito ás correspondentes retencións fiscais.
  6. Os relatos enviaranse ao enderezo do seguinte correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal
    • No asunto do correo figurará Premio Exeria 2026
    • Adxuntaranse dous documentos:
      • O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación da autoría.
      • O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor/a, número do teléfono e breve currículo, se o houbese).
    • As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío.
  7. O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado polo gañador do Premio Exeria 2025 e dúas persoas máis, designadas polo Ateneo Atlántico, ademais da secretaria do certame.
  8. O ditame do xurado e a entrega do premios terá lugar na segunda semana do mes de xuño de 2026.
  9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso do gañador/a de ser parte do xurado do certame do próximo ano, ademais do consentimento para a publicación do seu relato nunha plaquette en edición non venal a finais do 2027, xunto cos relatos gañadores dos dous anos anteriores.

Atlántico de Vigo / Febreiro de 2026