Despois do éxito da primeira edición, o Ateneo Atlántico organiza unha segunda saída polo casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Terá lugar o venres 10 de outubro; o lugar de reunión será a Praza da Constitución, ás 17.30 horas.
Ler a cidade para comprendela. Quen? Salvador Fraga, arquitecto, presentado por Teresa Conde-Pumpido. Cando? o mércores 15 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No novo salón de actos do Ateneo Atlántico, nas instalacións do café Vitruvia (rúa Reconquista 7).
Neuroplasticidade e neurociencia. Como o cerebro pode cambiar e curar. Quen? Miyen Wu Rodríguez, presenta Juan Mahíz. Cando? O xoves 23 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? No salón Vitruvia, rúa Reconquista 7.