Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Club de lectura. Novembro

8 Novembro 2023 / 18:30 20:30

O libro elixido polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de outrubro e comentar o 8 de novembro é Tirano Banderas, de Ramón María del Valle-Inclán.

2023-11-09 Club Lectura Tirano Banderas

Publicada en 1926, é a primera novela do ciclo esperpéntico e á que seguirá a serie ‘El ruedo ibérico’ (1927). Está considerada a obra cume no desenvolvemento deste subxénero novelístico. Está incluída entre as 100 mellores novelas en español do século XX na selección realizada polo diario El Mundo dentro do seu proxecto Millenium.

A novela narra a caída do ditador suramericano Santos Banderas, que dirixe a rexión ficticia de Santa Fe de Tierra firme de modo despótico e cruel manténdose no poder grazas ao terror e á opresión. A obra describe o comportamento do tirano e o comezo dun movemento revolucionario que acabará por derrocalo ante a súa torpeza.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website