Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

cinemAteneo: Gaza

13 Novembro 2023 / 19:30 21:00

Nun momento de intensidade extrema no conflito palestino-israelí, o cinemAteneo organiza e emisión da película documental Gaza, de Carles Bover e Julio Pérez. Será o luns 13 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. Para comentar a película contaremos coa presenza de Mohamed Safa.

2023-11-22 Cine Gaza

A través de diversos personaxes coñeceremos sobre o terro o sufrimento da poboación palestina na Franxa de Gaza, así como a situación de bloqueo permanente á que está sometida polo estado de Israel.

O Ateneo Atlántico quere agradecer á produtora El retorno producciones pola cesión desinteresada dos dereitos para poder exhibir hoxe a película.

Gaza
  • Curtametraxe gañadora do Goya ao Mellor Documental 2019.
  • España. 2018.
  • Dirección e Produción: Carles Bover Martínez e Julio Pérez del Campo
  • Guión: Carles Bover
Mohamed Safa

Nacido en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo estado de Israel desde 1967, Mohamed Safa estudou na Universidade de Santiago e exerce como oftalmólogo en Corcubión.
Activista incansable en defensa dos dereitos dos palestinos, dedica todo o seu esforzo a facer visible a causa do seu pobo tentando chegar máis alá do discurso oficial e do relato imposto polos grupos de poder.
Participou en numerosas mesas e conferencias así como na publicación de artigos sobre o conflito.
Ten publicados varios libros que profundizan no conflito e entre os que podemos destacar: Palestina, un berro pola liberdade (Do Castro, 2003) ou A revolución árabe. Democracia, nacionalismo e relixión (Hoja de Lata, 2017).

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map