Xosé Manuel Beiras in memorian

Deixóunos Xosé Manuel Beiras, socio de honrra do Ateneo Atlántico e unha figura clave para entender a dignidade e a cultura do noso pobo.
Grazas pola túa lucidez, polo teu exemplo e por abrir camiños dende a palabra e o compromiso absoluto con Galicia
A túa memoria fica sempre en nós.

Xosé Manuel Beiras sempre na lembranza do Ateneo Atlántico (8.10.2026)

Despedimos a un cidadán enteiro e verdadeiro, agradecéndolle, unha vez máis e nunca serán abondo, o agarimo e a amabilidade que deu ao noso Ateneo. Sempre que o convidamos a unha “soirée” literaria veu de bo grado. E non foron poucas as ocasións en que nos acompañou, fose para presentar unha das súas traducións do francés ao galego, fose para presentar algunha das compilacións dos seus artigos xornalísticos. Un afrancesado libertario, brillante, bo e xeneroso, que fica nos nosos corazóns ateneístas.
Que a terra lle sexa leve a Xosé Manuel Beiras, Socio de Honra do Ateneo Atlántico de Vigo.

2026-10-08 Beiras 1600x900 2048x
Máis información

Video do acto de homenaxe a X.M.Beiras como Socio de Honrra do Ateneo Atlántico o 25.4.2023.

Vídeo con obras de artistas galegos e galegas producido polo Ateneo Atlántico para agasallar a Xosé Manuel Beiras no día da homenaxe que lle dedicamos.

– Enlace ao acto de Homenaxe a X.M Beiras o 25.4.2023 na web do Ateneo Atlántico