cinemAteneo
Noite de curtametraxes
Martes 20 de marzo, 20 horas
Auditorio Abanca Rosalía de Castro
A entrada será gratuíta ata completar aforo.
Contaremos coa presenza da directora Sara Traba e o director Álvaro Gago para realizar un pequeno coloquio.
Proxectaremos as curtas:
- Homes, de Diana Toucedo
- As vacas de Wisconsin, de Sara Traba
- Matria, de Álvaro Gago
As tres cunha ampla traxectoria de proxección e recoñecementos en festivais de todo o mundo.
Será unha das primeiras ocasións en que poderemos ver Matria, do vigués Álvaro Gago, Gran Premio do xurado en curtametraxes na última edición do festival Sundance.
Pola súa banda, As vacas de Wisconsin (Sara Traba) acadou o premio á mellor curtametraxe no Festival Ibérico de cine 2017.
Diana Toucedo foi galardoada co Premio Descubrimento á mellor curtametraxe (Los desherados) en A Semana da Crítica do Festival de Cannes 2017.
Actuará de presentadora e moderadora a actriz Cristina Iglesias (Grupo Chévere, Serramoura… e, na actualidade, papel en Fariña).