cinemAteneo
Vai Violeta…
Pago Xusto
Mércores 11 de abril, 19.30h
Multicines Norte, Vigo

O próximo 11 de abril (segundo mércores de mes), ás 19.30 horas, iniciamos o novo ciclo de cinemAteneo: Vai violeta.  A estrea será coa proxección, e posterior coloquio, da película Pago Xusto (Made in Dagenham, Gran Bretaña, 2010).
A actividade será presentada por Anabel Mariño e contaremos con Remedios Copa Sánchez como colaboradora invitada.
Dirixida por Nigel Cole (O xardín da alegría, 2000; As mozas do calendario, 2003; O amor é o que ten, 2005) e interpretada por Sally Hawkins (Globo de ouro 2008 por Happy-Go-Lucky), Bob Hoskins (nominado ao Óscar 1986 por Mona Lisa) e Miranda Richardson (nominada ao Óscar por Damage (1992) y Tom & Viv (1994); está baseada nun feito real: a folga que protagonizaron, en 1968, 187 traballadoras da factoría Ford de Dagenham (este de Londres) reivindicando o mesmo salario que os homes da fábrica.

Modera: Anabel Mariño

Colaboradora invitada: Remedios Copa Sánchez (Bóveda); Graduada Social (USC), Graduada en RR. LL. e RR. HH. (UVigo); CAP (USC); Especialidade en Xestión, Administración e Dereito Sanitario (UVigo) e en Xestión e Dirección de RR. HH. (Escola de Negocios). Funcionaria do SERGAS como Responsable de Coordinación Administrativa da Estructura de Organización Integrada de Vigo. Exerceu a docencia en diversos ámbitos e participou como experta en diversos foros sanitarios. Salientar faciana divulgadora mediante múltiples colaboracións en diversos medios de comunicación; actualmente columnista semanal na páxina de Opinión do Diario de Pontevedra. Membro da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra. Premios: Mutua General para Graduados Sociales, polo traballo: “El alcoholismo: Incidencia social y hábitos de consumo”; premio da Xunta de Galicia por dous artigos sobre “drogodependencias” publicados no Diario de Galicia.

Pago Xusto. Ficha técnica

  • Título orixinal: Made in Dagenham
  • Ano: 2010
  • Duración: 113 min.
  • País: Reino Unido
  • Director: Nigel Cole
  • Guión: Billy Ivory
  • Música: David Arnold
  • Fotografía: John de Borman
  • Reparto: Sally Hawkins,

    Bob Hoskins,

    Miranda Richardson

  • Produción: Number 9 Films / Paramount Pictures
  • Sinopse: Ano 1968, Dagenham (Londres), factoría da Ford. As costureiras que cosen os asentos dos coches organizan unha folga para
    reivindicar a igualdad salarial destas 187 mulleres cos 55.000 compañeiros homes da fábrica; unha petición que comeza sendo salarial e acaba por converterse nunha loita pola dignidade e pola igualdade, con maiúsculas e sen matices, entre mulleres e homes.
    Lideradas por Rita (Sally Hawkins), nun tempo moi lonxe do actual (ou non tanto) acaban conseguindo a aprobación da Equal Pay Act (Lei de igualdade salarial).
  • Premios: 2010: 4 Nominacións ao Premios BAFTA, incluíndo mellor film británico e actriz. Satellite Awards: Nominada á mellor comedia e actriz (Sally Hawkins). British Independent Film Awards (BIFA): 4 nominacións, incluída a de mellor guión.
  • Made in Dagenham‘ é
    perfectamente desvergonzada pero desvergonzadamente perfecta… (David Edelstein: New York Magazin)