Ciclo de cine Brasileiro
Primavera do cine – Ateneo Atlántico
O Ateneo Atlántico colabora co festival Primavera do Cine, na súa sétima edición, na proxección dun ciclo de películas brasileiras ao ser este, Brasil, o país invitado nesta edición.
O ciclo propón catro películas, producidas as catro no ano 2016, que se proxectarán os días 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio, en horario de 20.10 horas, nos Multicines Norte (Vía Norte 22, Vigo).
A entrada ás diferentes películas será gratuíta ata completar aforo.
Poderemos ver:
- Luns 30 de abril. O Filho Eterno de Paulo Machline
- Curitiba, 1982. A punto de cumprir 30 anos, Roberto e Claudia terán o seu
primeiro fillo. Roberto, escritor aínda non publicado, está certo de que o
nacemento do seu fillo será o marco esperado para unha nova vida. Sen embargo, o soño de Roberto adquire, rapidamente, un sabor amargo, cando percibe que
deberá habituarse a unha idea diferente: ser o pai de Fabricio, un rapaz con síndrome de Down. - Martes 1 de maio. O Silêncio do Céu de Marco Dutra
- Despois de ser violada por dous estraños dentro da súa propia casa, Diana
decide manter o seu trauma en segredo. Mario, o seu home, ten, tamén, algo que
ocultar. Nos días que seguen, o silencio que crece entre os
dous convértese no seu propio tipo de violencia. - Mércores 2 de maio. Pequeno Segredo de David Schurmann
- Baseada no best-seller homónimo de Heloísa Schurmann, conta un episodio da historia real da súa propia familia. na que se
revela a forza do amor no destino de dúas famílias. Ao adoptar a Kat, o matrimonio Schurmann convive coa delicada escolla de manter ou non un
segredo que vai máis alá da adopción, momento no que se revela a forza do amor no destino de dúas familias… - Xoves 3 de maio. Sob Pressão de Andrucha Waddington
- O Dr. Evandro e o seu equipo médico enfróntanse a unha tensa xornada
no hospital en que traballan cando se ven obrigados a realizar tres cirurxías especialmente complicadas: un traficante, un policía militar e un cativo. O
que máis complica a situación é que os tres foron feridos no mesmo tiroteo nunha
favela próxima ao hospital.