En colaboración coa Rede galega contra a trata sexual
Noite de curtametraxes
Mércores 17 de outubro de 2018
Multicines Norte, Vigo

Organizada pola Rede Galega contra a trata sexual, e no marco da VII Xornada da Rede galega contra a trata, que se celebrará ao longo de todo o día 18 de outubro no museo MARCO de Vigo, o Ateneo Atlántico colabora na organización e difusión dunha noite de documentais sobre a trata sexual que se celebrará nos multicines Norte este mércores 17 de outubro a partir das 20 horas.
A entrada será gratuíta.

Segundo o tema das xornadas Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual, e como continuación dalgúns dos aspectos xa tratados polo Ateneo Atlántico (ciclo do cinemAteneo Vai Violeta, proxección da película Alanis), propoñemos tres pezas documentais e de ficción que abordan o tema da trata sexual nos nosos días e nos nosos entornos.

As curtametraxes que poderemos ver son:

La Mujer Invisible (2017)
Noemí Chantada
Documental / 15’
http://somosislandia.com/lamujerinvisible/
Sinopse: Vive nun pequeno piso na cidade de Vigo e o seu discorrer non sería diferente ao de calquera chica da súa idade de non ser pola tristeza que enmarca o seu rostro. Porque ao chegar a tarde mudase de pel: cambia de roupa, cambia de nome, e cambia. E así pode encarar unha noite máis.
Miente (2008)
Isabel de Ocampo
Ficción / 14’
Goya á Mellor curtametraxe de ficción
Sinopse: Doina querelle facer un regalo de aniversario á sua irmá, pero é dificil conseguilo.
Blessy (2018)
Sílvia Cepero, Carme Gomila y Susana González con Mujeres Valientes 
Documental / 22’
https://www.facebook.com/BlessyDocumental/
Sinopse: Blessy é unha muller de 35 anos que ten vivido unha situación de trata de persoas. O documental explica a súa vida, e como esta podería ser a doutras moitas mulleres. 
Unha creación colectiva construída por catro mulleres superviventes de trata en colaboración con tres realizadoras.

Presentan o acto Daniel Bóveda e Anabel Mariño.

Para máis información sobre a VII Xornada da Rede galega contra a trata: https://bit.ly/2QTt9Mh
A inscrición para as xornadas é gratuíta.
A asistencia á noite de curtametraxes tamén é gratuíta e non precisa inscrición previa.