Presentación da novela “Sándalo”
Coa autora, Ramón Nicolás, Isaura Abelairas e Carlos Lema
Libraría Cartabón · r/ Urzáiz 125
Xoves, 30 maio · 20:30h

O xoves 30 de maio, o Ateneo Atlántico acompaña a Maria Xosé Porteiro na presentación da súa nova novela, “Sándalo“. Será na Libraría Cartabón, na rúa Urzáiz 125, a iso das 20:30h da tarde.

Sándalo
é unha novela que percorre douscentos anos de historia entre Europa e
América. Sociedades secretas, fitos heroicos, independencias políticas e
pendencias eróticas, xúntanse nun libro que nos fai cómplices da
relación antiga entre os universos de Galicia e Cuba.

Acompañarán a Maria Xosé Porteiro para falar das súas letras, a concelleira Isaura Abelairas, o crítico Ramón Nicolás e o director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema.

Entrada libre ata completar aforo (25 persoas)