Cinema, viño e cultura
O París de Notre-Dame e Victor Hugo
Conduce Xavier Castro · Interven: Manuel Docampo (adega Leive)
Vitruvia Café · Praza de Compostela, 5
Xoves, 13 de Xuño · 20:00h
O incendio da catedral de Notre-Dame conmoveu a opinión pública mundial e alertou aos responsables da conservación do patrimonio. O monumento foi reformado no século XIX, época na que Victor Hugo publicou unhas célebres novelas nas que o templo se convertiu no seu espazo de referencia narrativa, sensibilizando aos seus contemporáneos acerca da importancia da conservación daquela arquitectura medieval. No acto, Xavier Castro dará conta desta historia e das claves da vida e a obra do escritor que se convertiu nun mito que representa simbólicamente a Francia, tanto como Dante a Italia ou Cervantes a España.
Levarase a cabo tamén, dun xeito ameno, un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata e ó goce do viño, entreverando isto coa proxección dun documental sobre a capital francesa no século de Victor Hugo, e videos con cancións pertencentes aos exitosos musicais “Los Miserables” e “Notre Dame de París”.
Como convén tamén mollar a palabra, durante o acto darase conta dunha degustación dos viños da recoñecida Adega Leive, situada en Cenlle (D.O. Ribeiro), pioneira na orientación ecolóxica. Representada por Manuel Docampo, a adega Leive elabora, cun feitío artesanal e calidade técnica, os viños Leive Paradigma, elaborado con uva treixadura, albariña e loureira, e a outra marca de seu, Leive Treixadura, que presenta un carácter monovarietal. Haberá ocasión de gozar asemade do branco reserva Leive Reliquia e dun tinto de crianza, con certificación ecolóxica, Preto de Leive.
E se como sinalaba Otero Pedrayo, non é posible entender a Galicia do viño sen a Galicia do pan, serviranse tamen petiscos de pan artesán con friames, paté e queixo de calidade para acompañar as bebidas.
Aforo limitado a 40 persoas. Indispensable a reserva previa.
– Prezo: 9 euros (con dereito a varios viños e petiscos).
– Horario: de 20:00 a 22:15h
– Adega: Leive (Cenlle. D.O. Ribeiro)
– Reservas e compra de entradas: En persoa no Vitruvia Café / No correo electrónico: info@vitruviacafe.com / No teléfono: 680 203 587
As entradas poden mercarse con anterioridade ou pagarse ao acudir ao acto. Sen embargo, a reserva previa é imprescindible.
Xavier Castro é especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015. Entre os seus libros figuran “A rosa do viño” (Galaxia), “A lume manso” (Galaxia), “A la sombra ejemplar de los parrales” (Trea) e “A mesa e manteis” (USC)