Que é Refachos?
Sabedoras da gran capacidade creativa das persoas asociadas,
queremos propor un xogo ao que vos animamos a participar.
Leva por nome “Refachos” e neste vídeo está explicado.
REFACHO. Escribamos poesía
Como inicio do Ateneo na casa imos propor unha recreación que chamaremos “refacho”
duns poemas que vos presentaremos. Serán tres: dous en
galego e un en castelán.
Trátase de manter a estrutura do poema, pero cambiar palabras ou
versos completos para facer a nosa propia composición.
Poñamos un exemplo:
Eva Veiga , “ Paisaxes do baleiro”
Dixo: Voume.
E tralas súas palabras,
suspendido no aire,
quedou un silencio
que ía desfacéndose coma unha flor
Se a proposta fose cambiar os verbos, este podería ser un resultado:
Falou: Vaite.
E tralas súas palabras,
agochado no aire
medrou un silencio
que ía murchando coma unha flor
Agora tócavos a vós. N tendes que cambiar todas as palabras en verde.
Poema 1: Luis Salinas “La voz a ti debida”
Tu vives siempre en tus actos.
Con la punta de tus dedos
pulsas el mundo, le arrancas
auroras, triunfos, colores,
alegrías: es tu música.
La vida es lo que tú tocas.
Poema 2: Dores Tembras, “O Pouso do fume”
amor
que sostés os meus pulsos coma se foran
cuncas diminutas de cerámica chinesa
e non sabes que as cereixas
deixaron de medrar
ata que volvas
Poema 3: Pura Vázquez “Maturidade”
Péchanse os cálices
das breves margaridas,
das sensitivas rosas, do nenúfar,
da gloriosa mapoula desangueada
do esvelto lirio degolado
no esquecemento.
Anímate.
Escribe o teu poema, asínao e mándao a ateneonacasa@gmail.com
Podes participar con un dos poemas ou cos tres; a valoración farase por cada poema individualmente.
A medida que cheguen, iremos colgando os poemas no blog ( http://hw118.dinaserver.com/hosting/ateneoatlantico.gal-web/ ). Alí poderás lelos todos e votar polo que máis che gusta.
O prazo de envío dos poemas será dende o 24 ao 30 de abril.
A autora ou autor do poema máis votado recibirá un vale de 50€ para mercar nunha librería da cidade.