Ciclo Decrecemento
ALTERNATIVAS E SOLUCIÓNS

Miguel Anxo Abraira
Mario Pansera

Presenta Remedios Copa

Xoves 18 de novembro
19 horas. Salón de actos da ONCE

 Convencidos de que o crecemento infinito é
materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á
Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun
ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a
imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade)
dun xiro cara ao Decrecemento.

No día de hoxe chegamos ao final do ciclo coa actividade na que Miguel Anxo Abraira e Mario Pansera presentan as conclusións do ciclo en forma de “alternativas e solucións” á sociedade do crecemento infinito.

Miguel Anxo Abraira é presidente da Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo, organizadora, xunto co Ateneo Atlántico, do ciclo.
Mario Pansera é Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) na Universidade de Vigo.
Presenta o acto, como vén sendo habitual, a nosa compañeira Remedios Copa, vocal na Xunta Directiva do Atneo e representante en Vigo da Rede para o Decrecemento.

O acto terá lugar o 18 de novembro, xoves, ás 19 horas, no salón de actos da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16).

PROGRAMA COMPLETO DO CICLO

A crise enerxética
Xoves 14 de outubro

Xoán Ramón Doldán
Decano da Facultade de CC Económicas
e empresariais da USC

Presenta Remedios Copa
Da XD do Ateneo e representante da Rede en Vigo

Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación

Xoves 21 de outubro

Begoña de Bernardo
Enxeñeira agrónoma
Presidenta de Véspera de Nada

Presenta Remedios Copa

Tecnoloxización e Decremento
Mineiría extractiva de terras raras

Xoves 28 de outubro

Xulio Carmona
Coordinador confederal da área de dixitalización
e contaminación electromagnética de
Ecoloxistas en Acción

Iolanda Mato
Educadora ambiental. Fundação Montescola

Presenta Remedios Copa
 
 
O Antropoceno e a crise
medioambiental

Xoves 11 de novembro

Xabier Pumariño
Biólogo e Consultor ambiental

Montse Valencia
Asesora xurídica ambietalista
Ecoloxistas en acción

Presenta Remedios Copa


 
Decrecemento:
alternativas e solucións

Xoves 18 de novembro

Miguel Anxo Abraira
Presidente da Rede para o Decrecemento

Mario Pansera
Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (UVI)

Presenta Remedios Copa