Presentación do Poemario

Cartas dende o esquenzo

de Baldo Ramos

Xoves 7 de xuño, 20 horas

Libraría Librouro

O próximo 7 de xuño, xoves, ás 20 horas, na libraría Librouro, presentación do libro de poemas Cartas dende o espenzo (editorial Galaxia), de Baldo Ramos.

No acto, e ademais de ao autor, poderemos escoitar a Xosé María Álvarez Cáccamo e a música de Víctor Blanco.

Presentará o acto Anxo Cabada.

Cartas dende o esquenzo é o diálogo entre un pai que envellece asfixiado pola perda da memoria e os seus fillos: un fillo que está dentro das súas palabras e unha filla que fala dende fóra, a pé da páxina. Un esforzo por poñerse no lugar do que esquece, por delimitar o sentimento de quen é consciente de que camiña cara á amnesia, cara á disolución do seu eu nas palabras dos demais e nas que deixou escritas para evitar, dalgún xeito, o irremediable desenlace. Unha loita entre as linguaxes e a desaparición (Reseña do libro na editorial Galaxia)
Waldo Ramos (Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés (Reseña do autor na editorial Galaxia)