Os Peixes e o Clima
Respostas ao cambio climático nas comunidades pesqueiras
Unha charla coa investigadora Elena Ojea
Xoves 10 outubro · 19:30h
Sede do Parque Nacional Illas Atlánticas · r/Oliva 3 (Vigo)


Seguindo coa nosa preocupación polo divulgación dos efectos do cambio climático, no Ateneo Atlántico queremos
sempre centrarnos nos efectos máis achegados e particulares que este
fenómeno terá para a nosa terra e a nosa economía. Por iso xorde a
pregunta, como afectará a mudanza do clima na pesca nos nosos mares?

Para trata-lo tema, invitamos como relatora á doutora Elena Ojea, unha moza investigadora da Universidade de Vigo e receptora da prestixiosa bolsa “Starting Grant
da Unión Europea. Na charla, revisaremos as últimas evidencias
científicas sobre os impactos do cambio climático no mar, e afondaremos
nos efectos que se observan para a pesca. En concreto, veremos como os
peixes están a respostar ao aumento da temperatura da auga do mar, e as
implicacións que estas mudanzas teñen para a actividade pesqueira. Por
último, afondaremos nos procesos de adaptación aos cambios que acontecen
a nivel de individuos e grupos de persoas, destacando os plans e
medidas que será necesario facer para encamiñar este futuro baixo o
cambio climático.

  • Doutora Elena Ojea é
    unha investigadora da Universidade de Vigo, onde lidera o grupo de
    investigación sobre os océanos futuros e desenvolve o proxecto CLOCK (Climate Adaptation to shifting stocks).
    Elena é licenciada en Ciencias Ambientais e doutorada en economía, e
    ten experiencia post-doutoral no centro vasco de cambio climático (BC3),
    e na Universidade de California Santa Barbara onde é investigadora
    visitante na escola de ciencias e políticas ambientais (Bren School for Environmental Science and Policy). O grupo dos océanos futuros (Future Oceans Lab)
    é un grupo novo de xente moi activa e multidisciplinar que fai
    investigación en xestión sostible e adaptativa dos sistemas mariños,
    incluída a comunidade social.

A palestra terá lugar o Xoves, 10 de outubro ás 19:30h na Sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na súa entrada da rúa da Oliva nº3.


Entrada libre ata completar aforo (90 persoas)