Vigo, 21 de setembro de 2020
Benqueridas amigas e amigos.
A
piques de entrar en outubro, e contra virus e marés, o Ateneo Atlántico
quere retomar a súa actividade en prol da cultura e a reflexión
compartida na cidade de Vigo.
piques de entrar en outubro, e contra virus e marés, o Ateneo Atlántico
quere retomar a súa actividade en prol da cultura e a reflexión
compartida na cidade de Vigo.
Os tempos mandan, e toca reinventarse.
Non
vai ser doado, enfrontarémonos a unha actividade que será limitada por
necesidade, e con aforos reducidos, pero tentaremos que polo menos, e
aos pouco, empece de novo a ser .
vai ser doado, enfrontarémonos a unha actividade que será limitada por
necesidade, e con aforos reducidos, pero tentaremos que polo menos, e
aos pouco, empece de novo a ser .
Neste senso, aí van un par de cuestións relevantes.
- Para
empezar, vista a evolución do coroavirus, os límites na organización de
actividades, e a reserva económica coa que conta o Ateneo, a Xunta
Directiva, en sesión celebrada o pasado 14 de setembro, decidiu ampliar a
todo este ano 2020 a supresión de cotas para toda a afiliación. - En breve realizaremos a presentación dunha pequena revista publicada
polo Ateneo Atlántico que inclúe todas as achegas á supervivencia do
Ateneo que vós mesmos fixestes durante as fases máis escuras do
confinamento (poemas, relatos, haikus, fotos…). Veremos as opcións
para que a presentación sexa o máis participativa posible. Enviaremos un
exemplar da revista a todos os afiliados e afiliadas. - Actividades con vida propia -como o club de lectura–
seguen a súa andaina sen novidade.Lembramos que o libro programado para
comentar en outubro (xa notificaremos lugar, día e hora) é o clásico
galego Adiós, María, de Xohana Torres. - Nos próximos días recibiredes no voso correo unha pequena enquisa sobre actividades-tipo a organizar polo Ateneo, nas que máis vos apetecería ou veriades viable participar.
Para
a Xunta Directiva é importante a participación na enquisa. Por unha
banda pode darnos unha idea sobre a liña organizativa de actividades nos
vindeiros meses, e, por outro lado, serviría de termómetro para pulsar a
saúde de ánimos da nosa afiliación.
Desde aquí, un primeiro agradecemento a todas as que participaredes que, sabemos, seredes maioría. Grazas de antemán. - Por último, dicirvos que, coma sempre, estamos abertas á máxima participación pola vosa parte.
Aquí, agora, cremos que é criticamente imprescindible.
Podedes mandarnos a este correo (ateneoatlantico@gmail.com)
todas as propostas que consideredes oportunas. De modelos de
actividade, de temas concretos a tratar, de receitas para animar a
participación da afiliación, etc.
Todas serán benvidas e estudadas con agarimo para ver de concretar a súa viabilidade e posta en marcha.
En fin, aquí estamos de novo.
Ou, mellor dito, aquí seguimos todas.
Cos
ánimos intactos para devolver o Ateneo ao punto que estaba en decembro
de 2019. Un punto unanimemente recoñecido e estimado na nosa cidade.
ánimos intactos para devolver o Ateneo ao punto que estaba en decembro
de 2019. Un punto unanimemente recoñecido e estimado na nosa cidade.
Unha aperta individual para todos e cada unha.
A Xunta Directiva do Ateneo Atlántico.
Ateneo Atlántico de Vigo