Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Club de lectura. Novembro

2 Novembro 2022 / 18:30 20:00

Virtudes (e misterios)
Xesús Fraga

A novela foi premio Nacional de Narrativa 2021
Premio Blanco Amor de 2019
Premio da Crítica de Galicia de 2021

Contaremos coa presenza do autor a través de vídeo-chamada.

“En 1955, un zapateiro remendón, seducido polos cantos de serea que chegan de Venezuela, cruza o Atlántico coa ilusión de regresar en pouco tempo transformado nun adiñeirado indiano. Pero, tras varios anos, no só non envía os cartos prometidos á súa casa, senón que el mesmo desaparece, o que obriga a súa dona a emprender a súa propia emigración, aínda que na dirección oposta, cara a Inglaterra. Aquelas omisións e decisións acabaron por marcar as súas vidas e as de dúas xeracións máis dunha familia.
Xesús Fraga, neto dese malogrado matrimonio de emigrantes vocacionais e accidentais, reconstrúe as súas azarosas vidas e a convivencia coa soidade, o desarraigo e o proído das preguntas sen resposta. Unha viaxe íntima pola segunda metade do século XX que transita da vida rural galega ás grandes megalópoles americanas, con escalas que se estenden cara a Londres e Caracas, Bos Aires e a República Dominicana ou Etiopía.
Cun ollo posto no Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro e o outro no Léxico familiar de Natalia Ginzburg, Virtudes (e misterios), galardoada co Premio de Novela Blanco Amor 2019, combina diversos xéneros como a novela, a crónica ou o diario para ofrecer un fresco vital que conmove e emociona, sen por isto renunciar ao humor, e que propón unha visión orixinal e inédita da emigración nas vidas vividas e non vividas”.
(Resumo extraído de Lecturalia)

Twitter de Xesús Fraga

Ficha do libro en Editorial Galaxia

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website