Loading Events
  • This event has passed.

27 Outubro 2022 / 19:30 21:30

Mulleres de aquí e acolá. Xénero e cultura.
Presentación do libro Feminismo de proximidade, de Lola Varela.

A autora, Lola Varela, conversará coa directora de cine Paula Cons (La isla de las mentiras) sobre xénero e cultura: mulleres de aquí e acolá.
Presenta Luísa Abad.

O libro é unha recompilación, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Máis que receitas para solucionar problemas, son reflexións profundas escritas con prosa fluída e apracíbel.
Feminismo de proximidade é unha viaxe por Pontevedra, Compostela, Madrid, Alacant, Cerdedo ou Alhucemas (Marrocos). Así, en «As cidades e o xénero» descúbrenos o androcentrismo arquitectónico que leva a deseñar as cidades en función do estereotipo masculino. En «Mulleres e represión na Terra de Montes», fai visible os trazos de xénero da represión franquista sobre as mulleres desa bisbarra. En «Mulleres no rural» ou en «As montañas do Rif en feminino» trasládanos a vida das mulleres que, malia vivir a miles de quilómetros, teñen eivas similares…
(Notas na páxina de Companha Editora)

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website