Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro: Antonio García Teijeiro

30 Marzo 2023 / 20:00 21:00

O Ateneo Atlántico, xunto coa editorial Belagua e a librería Librouro comprácense en presentar o novo poemario de Antonio García Teijeiro. O acto terá lugar na librería Librouro o xoves 30 de marzo de 2023 ás 20 horas.

2023-03-30 PresentaAGTeijeiro

«Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir, queda algo daqueles soños da nenez, da mocidade, dos primeiros anos da adultez?
É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?
».
As anteriores son algunhas das reflexións de An Alfaya nun limiar do libro que remata contundente: «Cando un entra no mar poético de O poder da fraxilidade ninguén sae indemne».
Texto da ficha do libro na Editorial Belagua.

No acto contaremos coa presenza do propio autor que estará acompañado de An Alfaya (autor do limiar do libro) e Edurne Baines (directora da editorial Belagua).
E coa participación musical de Alberto Cunha.

Librería Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12
Vigo, Galicia 36202 Spain
+ Google Map