Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Unha peli con, Fernando Franco

29 Marzo 2023 / 20:00 21:30

Río de sombras, de Daniel Domínguez, é a película seleccionada por Fernando Franco para compartir co Ateneo Atlántico. Será o vindeiro mércores 29 de marzo, ás 20 horas, no local do Ateneo na rúa Doutor Cadaval.

2023-03-29 PeliConFFranco

Podemos falar de cine, mesmo ante eruditos, sen saber apenas, sen telo frecuentado?
Claro que se pode sempre que un fale de emocións da memoria cinéfila, aínda que sexa escasa, coa sinxeleza requerida e sen meterse en leas culturetas ou caer en derivas intelectualoides.

Algo disto apuntará Fernando Franco no próximo encontro de cine do Ateneo o día 29 de marzo; un apunte  dito con levidade da súa inicial historia co cine, di el.

Como película para compartir elexiu Río de sombras, porque su director nos achega ao cine galego dos comenzos, porque Daniel Domínguez deixou  un fulgurante ronsel de mestre, guionista e cineasta que cortou a súa precoz morte, porque dura só 20 minutos co que nos salva das garras doutras de 3 horas como Guerra e Paz e porque os seus actores, aínda que non sexan  Audrey Hepburn, Henry Fonda, Mel Ferrer e Vittorio Gassman,  son en gran parte de Vigo e a súa bisbarra.

Fernando Franco, periodista e axitador cultural saúdanos cada día desde o seu peculiar recuncho no Faro de Vigo: Mira Vigo. Despois de 40 anos, e un estilo inconfundible, entre familiar e rigoroso, tanto lle ten falar de moda como de gastronomía como da xuntanza polo cincuenta aniversario da correspondente camada de vigueses e viguesas anónimos.
E, sempre, sempre, coa cidade de Vigo e a súa peculiar flora e fauna como epicentro.
Pouco queda por dicir de Fernado, e o pouco que queda, mellor que siga en silencio.

Río de sombras, 1986
Director: Daniel Domínguez
Intérpretes: Julio Rodríguez, Roberto Fernández, José Luis González, Tete Delgado, Pepe de Mosende, Uxía Senlle , Tutucho , Raúl Francés , Alberto Comesaña , Ramón Domínguez.
Produción: As serpes do caravel PC; Ángeles García
Guión: Daniel Domínguez , Raúl Francés en base ao conto O Suso, de José Luis Méndez Ferrín
Director de fotografía: Javier Serrano
Montaxe: Juan Ignacio San Mateo
Duración: 21 minutos

O Ateneo Atlántico agradece á Filmoteca de Galicia – AGADIC a cesión gratuíta de dereitos para a exhibición desta película.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website