Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

O ensanche decimonónico de Vigo

18 Xaneiro 2023 / 19:00 21:00

2023-01-18 Ensanche Vigo
O ensanche decimonónico de Vigo
Nacho Hortas e Ramón Viéitez
Un achegamento ao noso máis importante conxunto patrimonial

Charla con Nacho Hortas e Ramón Viéitez, ambos arquitectos. Mércores 18 de xaneiro de 2023, ás 19 horas, na delegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ( rúa Dr. Cadaval 5).

O conxunto histórico do Ensanche é o tecido construído de maior calidade da cidade tanto polas pezas arquitectónicas de excepcional feitura que posúe como polo seu alto valor urbano froito das extraordinarias condición espaciais que se manteñen e estenden nas súas 72Ha. que abarcan conformando unha identidade espacial clara.
A súa importancia non so radica na sobranceira calidade arquitectónica e urbana senón tamén porque representa a sociedade industrial que transformou unha pequena vila sen importancia na contorna na meirande cidade de Galicia.
Ademais de falar das súas características, do estado de conservación no que se atopa, e da tremenda potencialidade que aínda posúe, esta charla/debate pretende fomentar un debate necesario na cidadanía para poñer en valor este patrimonio único e decidir se debemos telo en conta como un dos puntos de partida mais importantes no desenvolvemento da urbe.

Nacho Hortas

Nacho Hortas, arquitecto en Estudio04 dende o ano 2006.
O estudio de arquitectura Estudio04, que comparte co arquitecto Adolfo Agra, diversificase en diferentes categorías de traballo (Urbanismo, arquitectura, rehabilitación e deseño) co nexo común de tres grandes temas que centran os intereses de todas as súas reflexións:
Arquitectura, enerxía e natureza.
As redes serven para divulgar todas estas inquedanzas parte das cales relaciónanse coa rehabilitación do patrimonio construído de Vigo e a necesidade de facer entender a importancia do seu mantemento.
O coñecemento do Ensache Vigués parte de dous traballos feitos para o Concello de Vigo que
compartiu con Ramón Vieitez:
A actualización das fichas do “Plan Especial de Protección do Ensanche e Cidade Central”. Encargo gañado en concurso público no ano 2015 do que foi xerente dun equipo multidisciplinar formado por 13 arquitectos, un historiador da arte, un sociólogo e un avogado.
A Incoación do Ensanche de Vigo como Ben de Interese Cultural. Este segundo traballo, entregado en decembro de 2016, foi elaborado por dous arquitectos, un historiador da arte, un biólogo, un sociólogo e un arqueólogo.
A lenta posta en marcha destas figuras de protección levou a decisión de promover o coñecemento do Ensanche entre a cidadanía a través de diferentes accións: As rutas “Ensanche en Conserva” e exposicións como a feita polo centenario da morte do arquitecto Michel Pacewicz.
Para saber mais:
www.estudio04.com
facebook.com/estudio04
instagram.com/estudio_04

Ramón Viéitez

Ramón Viéitez Rodríguez é arquitecto pola ETSA de A Coruña e ten o Mestrazgo en rehabilitación e renovación urbana pola Universidade de Santiago de Compostela.
Na Escola Galega de Administracións Públicas superou o «Curso de arquitectos ao servizo da administración».
É perito xudicial inmobiliario pola Universidade Politécnica de Cataluña.
Impartiu tres obradoiros creativos de arquitectura para menores no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Xunto con Alberto Cebral e Iria Rivas fundou o estudo de arquitectura e consultora técnica Arquétipos!, construíndo obras en diversas tipoloxías.
Co-promotor do Espacio Nido, un local para o traballo colaborativo, dende o que se desenvolven múltiples eventos culturais, situado na rúa Ferrería do Casco Vello de Vigo.
Coautor e editor dos libros da colección: “N550 da estrada á rúa“, proxecto editorial de 6 volumes que pretende estudar o fenómeno da cidade difusa galega e que pode atoparse en librerías como Versus. Dito proxecto ten o propósito de indagar sobre a cidade que se espalla inexorablemente por grande parte da xeografía, esa urbe que algúns teóricos coinciden en cualificar de difusa, outros de fragmentada e incluso algúns de global.
Partícipe da fundación da Asociación do Barrio Alto do Casco Vello de Vigo que aposta pola integración social entre novos e vellos convivintes nun contexto dun barrio en proceso de transformación.
Froito deste compromiso promove a web multimedia “Fairúa” (www.fairua.com) para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial, fomentando a cohesión social e promovendo o turismo responsable no citado barrio.
No recén decembro foi merecente dun dos premios outorgados ás mellores aportacións á arquitectura do 2022 realizadas no sul de Galicia. Premios xulgados polas delegacións de Vigo, Pontevedra e Ourense do COAG.
O proxecto premiado debeuse pola reforma dun piso da rúa Penzol da nosa cidade. Obra compartida con Albert Cebral e Brais Carreira.

COAG Vigo

Travesía da Aurora
Vigo, Galicia 36202 Spain
+ Google Map