Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación libro: Emilio Pérez Touriño

24 Xaneiro 2023 / 19:30 21:00

2023-01-24 Presentación EP Touriño
Presentación do libro El horizonte europeo
De Emilio Pérez Touriño
Coa presenza do autor
E Uxío Labarta

Co subtítulo Estado-Nación y socialdemocracia de la época dorada a la pandemia, El horizonte europeo, de Emilio Pérez Touriño está publicado na colección Ensaio do servizo de publicacións da USC.

O autor reflexiona arredor de catro conceptos chave como son a Socialdemocracia, o Estado-Nación, a Unión Europea e o Federalismo a través da súa evolución marcada por tres momentos decisivos dos últimos oitenta anos de historia mundial: a reconstrución despois da segunda guerra mundial, o estoupido do neoliberalismo, e o tempo post-pandemia.
1) Con posterioridade á Segunda Guerra Mundial atopamos a construcción dos Estados de benestar en Europa e o nacemento e pulo da propia Unión Europea; esta etapa supuxo a “epoca dourada” da socialdemocracia.
2) A continuación chegaría o chamado “momento neoliberal”, que tras as crises dos anos setenta do pasado século implicou, a partir da década dos oitenta, a hexemonía das ideas e políticas neoliberais, coa conseguinte desregulación e financiarización da economía e o debilitamento da soberanía dos Estados-nación, o crecemento desmesurado das desigualdades, a precarización do traballo e a crise da socialdemocracia. Este período culmina coa Gran Recesión de 2008 a 2012;
3) Tras a pandemia provocada polo covid-19, ábrese unha nova época que pode supór a transformación do capitalismo, co retorno do Estado e o decisivo papel das políticas públicas, cara a un modelo máis sostible e inclusivo sustentado por un novo contrato social entre os gobiernos, as empresas e os traballadores, cunha sociedade civil máis vigorosa.
(Textos extraídos da ficha do libro na páxina do Servizo de Publicacións da USC (Enlace) e do Xornal dixital da propia USC no artigo que dá conta da presentación do libro en Compostela (Enlace).

Emilio Pérez Touriño
Emilio Pérez Touriño

Nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.
Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.
Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron. Era entón membro do PCG. Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Roldán acusouno de intervir no pagamento de comisións, polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96. En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquera acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co apoio do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego, que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.
Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG, pero esta vez a coalición co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia. Un ano máis tarde, o 10 de maio de 2010 renunciou ao seu escano no parlamento galego.
Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia. Obras:
Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña producción campesina (1983). Madrid: Servicio de Publicaciones Agrarias.
Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980) (1983). con José Colino Sueiras. Vigo: Galaxia. 
A Galicia emprendedora (2000). Vigo : Edicións Xerais de Galicia.
En clave de país (2001). Santiago de Compostela: TresCtres. 
O futuro é posible: retrato dun tempo de cambio : Galicia (1998-2009) (2012). Vigo: Galaxia. 
Crise global e crise da política: unha ollada dende Galicia (2014). Vigo: Galaxia.

Uxío Pérez Labarta
Uxío Labarta Fernández

Nado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1949, é un biólogo, investigador, economista, político e xestor público galego, vinculado ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo e ao CSIC. Licenciado en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar en Vigo como investigador no IIM (Instituto de Investigacións Mariñas) do CSIC en 1972, do que fo secretario de 1979 a 1983. Foi director do gabinete de estudos da presidencia do CSIC (1983-86), asesor da presidencia do CSIC (1986-88), secretario do programa nacional de recursos mariños e acuicultura da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (1988-90) e director do IIM (1990-1994).
Profesor de investigación no CSIC, asistiu ós cursos no Centro Oceanográfico de Brest (Francia), no que acadou a diplomatura en avaliación de recursos mariños pola FAO. Foi membro dos comités científicos da Comisión Internacional dos Caladoiros do Sueste Atlántico, onde estudou os caladoiros de pescada e crustáceos de África do Sur, e traballou na Comisión Internacional dos Caladoiros do Noroeste Atlántico co equipo que investigou os de bacallau e cefalópodos das augas do Canadá e dos Estados Unidos de América.
Membro plenario do Consello da Cultura Galega (1991-1993), foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia na IV lexislatura, 1993-1997.
Diplomouse en Organización e Xestión da Investigación Científica polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) de Alcalá de Henares. No ano 1997 doutorouse na USC coa tese Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas.
Foi fundador e presidente da Asociación de Biólogos de Galicia. Formou parte do consello de redacción da revista Braña, Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, e, dende 2003, da revista Grial. Foi xurado dos Premios da Crítica Galicia.
Foi coordinador en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (2006-2012).
Obra
Asesor da Enciclopedia Galega Universal e columnista de La Voz de Galicia dende o ano 2002, é autor de varios libros, informes e máis de 150 artigos, no campo da investigación mariña, a pesca nas costas e rías galegas e a acuicultura, desde os puntos de vista económicos e ecolóxicos, en particular sobre enerxía fisiolóxica, nutrición e cultivo de moluscos bivalvos como o mexillón. Entre eles pódense citar:
A pesca galega e a sua investigación, Rueiro, 1978. ISBN 84-85220-23-4.
A Galicia mariñeira, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1985, ISBN 84-7154-492-X.
Desarrollo larvario de Ostrea edulis L. Nutrición y reservas energéticas, 1997, tese de doutoramento. USC.
Desarrollo e innovación empresarial en la acuicultura. Una perspectiva gallega en un contexto internacionalizado, 2000, Fundación Caixa Galicia.
La industria del mejillón. Mercados internacionales, productos y países (con Eduardo P. Corbacho), 2000, Fundación Caixa Galicia.
Bateeiros, mar, mejillón. Una perspectiva bioeconómica (coordinador), 2004, Fundación Caixa Galicia. ISBN 84-95491-69-9.

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map