• Presentación Todo chega desde o mar

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro Todo chega desde o mar, de Santiago Ferragud.Coa participación do propio autor e de Xoán Carlos Abad, que centrará o marco histórico da folga de 1972 en Vigo.Presenta Luísa Abad

  • Festa de outono

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Festa de outono do Ateneo Atlántico para a presentación da nova tempada. Faremos a presentación de actividades do trimestre. Presentación da nova páxina web do Ateneo. Actuación de Su Garrido. Compartiremos un tempo de lecer cuns petiscos.

  • Club de lectura. Outono

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Cuarteto estacional. OtoñoDe Ali SmithEditorial NordicalibrosInformación na páxina da editorial

  • Saída a Valdeorras

    Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

    Saída de Outono por terras de Valdeorras.
    Sábado 22 de outubro. Saída ás 8.30 horas desde a sede da Zona Franca (r Areal 46).
    Prezo por persoa: socias do Ateneo, 50 euros, non socias, 60€.
    Inscrición, a partir das 20 horas do xoves 13 de outubro en ateneoatlantico.gal e ata o martes 18.

    €50 - €60
  • María Casares. Republicanismo e galeguismo

    Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

    Ateneo Atlántico de Vigo. Ciclo Homenaxe a María Casares. Primeiro acto. María Casares e a súa relación co republicanismo e co galeguismo.

  • cinemAteneo La Chinoise

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    Por mor da súa morte o pasado mes de setembro, desde o Ateneo Atlántico queremos lembrar a esta figura complexa e controvertida, de gran influencia cinematográfica e social. Para iso propoñemosvos ver xuntos “La Chinoise”.

  • Presentación Feminismo de proximidade

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Presentación do libro Feminismo de proximidade, de Lola Varela. A autora, Lola Varela, conversará coa directora de cine Paula Cons (La isla de las mentiras) sobre xénero e cultura: mulleres de aquí e acolá. Presenta Luísa Abad.