Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

cinemAteneo La Chinoise

26 Outubro 2022 / 19:45 21:00

cinemAteneo. La Chinoise de Jean-Luc Godard

Con Víctor Soho (Vigo, 1999, realizador, estudou cinema documental na ECAM (Madrid), onde explorou áreas relacionadas co cinema experimental, o videoarte e a instalación) e Celso López Pazos (licenciado en xeografía e historia. Membro de Esculca e presidente da Asemblea Republicana de Vigo, colaborou como crítico de cinema con distintos medios de comunicación).

Por mor da súa morte o pasado mes de setembro, desde o Ateneo Atlántico queremos lembrar a esta figura complexa e controvertida, de gran influencia cinematográfica e social. Para iso propoñemosvos ver xuntos “La Chinoise”.
“Je suis le plus connu des gens oubliés.
J´ai toujours voulu le deux à la fois,
Me faire connaître et me faire oublier”
(Jean-Luc Godard, nunha entrevista de 1977)

La Chinoise”, 1967. Para rodar esta película Godard trasladouse a Nanterre onde se reuniu cun grupo de universitarios de tendencia maoísta. Nesta obra mostrará as inquedanzas dos estudantes por cambiar o mundo, o seus desexos dun cambio radical, dunha mocidade que rexeita a formación universitaria convencional e o capitalismo; preocupacións que estalarían posteriormente no Maio do 68, incluídas as chamadas á revolución.

Multicines Norte

Via Norte 22
Vigo, Pontevedra 36204 Spain
+ Google Map
986 22 75 13
Ver a Páxina Web do Recinto