Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

cinemAteneo. Urraca, cazador de rojos

9 Outubro 2023 / 19:00 21:00

“Descubrir que o teu avó perseguiu republicanos exiliados en Francia e que colaborou coa Gestapo na captura do líder da Resistencia Jean Moulin non é fácil de dixerir, pero me dei conta de que sería imposible negar o meu vínculo. Enfronteime ao pasado, ao meu e ao de todos. Unha catarse que me permitiu desvincularme da infamia.” (Loreto Urraca).

O cinemAteneo presenta a película documental Urraca, cazador de rojos. Será o luns 8 de outubro, ás 19 horas, no local do Ateneo (Rúa Dr. Cadaval 17). Para a presentación e posterior coloquio, no que tamén nos falará do seu libro, contamos con Loreto Urraca, neta do tristemente protagonista do documental, e con María Torres (Madrid, 1961), escritora, memorialista e neta de Arturo Torres, represaliado polo franquismo. Presenta, por parte do Ateneo, Remedios Copa.

2023-10-09-cinemAteneo Urraca
A película
Urraca, cazador de rojos

Película documental de 1 hora de duración.
Producida por De Quindrop Produccions Audiovisuals e Sègula Films, en colaboración con TVE, Televisió de Catalunya e IB3.
Dirixida por Pedro de Echave y Felip Solé.
Guion de Pedro de Echave.
O documental é un trepidante relato histórico, rigorosamente documentado, que retrata a Pedro Urraca Rendueles, un personaxe sinistro e ambicioso. Tamén é a crónica dunha herdanza maldita a través da mirada crítica da súa neta, que, con dignidade e humildade, denuncia a un avó ao que repudia e se desvincula do seu legado.

Loreto Urraca

Madrid 1964. Estuda no Liceo Francés e na Universidade Complutense na que se licencia en Filoloxía Hispánica.
En 2008, a través dun artigo de El País, descobre a verdadeira identidade do seu avó Pedro Urraca Rendueles, un policía que o goberno de Franco envía a Francia en novembro de 1939, para perseguir aos republicanos alí exiliados.
Tras anos de investigación en arquivos de Francia e España, decide divulgar a historia do exilio republicano, tan pouco coñecida. Sobre todo, a estreita relación dos franquistas coas policías alemá e francesa na represión sobre os dirixentes políticos da República. Tamén descobre que Pedro Urraca traballou para a Gestapo e que posiblemente estivo implicado na identificación do líder
da Resistencia, Jean Moulin, o que permitiu a súa captura.
En 2013 abre a páxina web pedrourraca.info “Os ollos de Franco en Francia” na que publica informes policiais e listas de republicanos perseguidos.
En 2018 publica Entre hienas, novela que vai pola terceira edición e que amosa un retrato de familia sobre fondo en guerra. Terceira edición en maio de 2019; vén de publicarse Comme des hyènes, a tradución ao francés da novela.
Á parte das actividades propias de promoción da novela, da charlas en institutos e participa en numerosas actividades de divulgación sobre a memoria histórica en diversos foros (Xornada do libro sobre o exilio español, Toulouse, novembro 2018, Congreso “Do Exilio republicano á Transición democrática”, Albi e Toulouse, outubro 2019, Xornada en torno ao Campo de Concentración de Albatera, novembro 2019, Festival de Historia pública, Universidade Autónoma de Madrid, outubro 2021 e outubro 2023, Encontro con descendentes de perpetradores, Memorial de Neuengamme, Hamburgo, xuño 2022, Xornadas sobre Memoria democrática, Sanlúcar de Barrameda, outubro 2022,Curso “Posmemoria do Franquismo e a Transición”, Universidade de Valencia, xullo 2023).
Desde 2021 é colaboradora do colectivo internacional Historias desobedientes, familiares de genocidas pola Verdade, a Memoria e a Xustiza, e outros activistas pola memoria en Arxentina e Alemaña.
En novembro de 2022 estreouse a documental “Urraca, cazador de vermellos”, dispoñible en TV3 e pendente de ser emitido por TVE.
En xuño de 2023 prologuei a novela gráfica Chumbo e gualda. Enterro Mexicano De Azaña En Francia.

O libro
Entre hienas

Entre hieras é unha indagación biográfica baseada en documentos inéditos, cartas e diarios, no que a autora desvela o alcance da colaboración entre os franquistas, os nazis e a Policía do réxime de Vichy, trazando a peripecia existencial do seu avó, Pedro Urraca Rendueles, escuro policía franquista condenado á morte en rebeldía en Francia (1948) por conivencia co inimigo durante a ocupación. Fuxido a Bélxica, seguiu traballando para o Estado español até 1982.
Descubrimos tamén a historia de Antoinette Sachs, xudía, pintora e amante de Jean Moulin, en cuxa vida se cruzou Urraca, algo que podía selar o destino tráxico do heroe da Resistencia Francesa.
Son tamén protagonistas os republicanos españois, os xudeus e os resistentes, vítimas da opresión do totalitarismo.
Un insólito e valente axuste de contas literario que indaga na memoria dos personaxes para denunciar a crueldade egoísta duns fanáticos con poder. Unha obra dacabalo entre a ficción e a Historia, que permite profundar na figura de Pedro Urraca, «o cazador de vermellos»

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website