Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Seminario fotografía. O retrato

1 Xuño 2023 / 20:00 21:30

O Seminario de fotografía do Ateneo Atlántico, nas súas Sesións abertas, presenta a lección ‘O retrato fotográfico’, impartida por Anxo Cabada. Será o xoves 1 de xuño de 2023, ás 20 horas, no local do Ateneo (Doutor Cadaval 17, Vigo). A entrada será libre ata completar o aforo.

2023-06-01 Anxo Cabada Retrato Fotográfico

Anxo Cabada, ata hai ben pouco presidente do Ateneo Atlántico (e actual vicepresidente) leva catro décadas fotografando o territorio galego en proxectos nos que abordou diferentes temáticas como, entre outras, o mar en ‘Mareagrafías’ (2005), a terra en ‘Terragrafías’ (2009) e as vilas galegas en ‘Vilagrafías’ (2012).
Pero, sobre todo, e como fotógrafo, Anxo destaca pola súa faceta de retratista. Neste senso atopamos a súa proposta literario-fotográfica: ‘O imaxinario do país’ (2018), na que fotografou ás grandes escritoras e escritores galegos do último cuarto do século XX e principios do XXI. María do Carme Kruckenberg, Xosé Luis Méndez Ferrín, Neira Vilas ou María Xosé Queizán son algúns dos mitos da literarura galega que pousaron diante do obxectivo de Anxo Cabada. Todos estes retratos están recollidos nunha publicación da Deputación provincial de Pontevedra.
Máis recentemente (2022), e no Museo provincial, deleitounos cunha nova exposición centrada no retrato, neste caso de moitos dos persoeiros das artes plásticas galegas. En ‘Sombras atlánticas’, Anxo Cabada reúne a

Así podemos atopar grandes artistas dos anos 70, como Silverio Rivas ou Buciños, representantes do Grupo Atlántica dos 80, Menchu Lamas, Patiño ou Din Matamoros, escultores como Leiro, Soledad Penalta ou Manolo Paz. Cómpre salientar que a mostra saca á luz un importante colectivo de artistas historicamente silenciados ao longo de toda a historia da arte. Deste xeito, case que a metade das persoas retratadas por Cabada son mulleres, e entre outras moitas, están Carme Nogueira, Pamen Pereira, Lula Goce ou Sula Repani.

Nesta sesión organizada polo Seminario de fotografía do Ateneo, Anxo vai compartir coas persoas asistententes pinceladas técnicas e estéticas da sempre difícil arte do retrato fotográfico.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
Ver a Páxina Web do Recinto