Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Ciclo Ciencia 3, Movementos oculares

12 Xuño / 19:30 21:00

O terceiro, e último Faladoiro, dentro do ciclo Os mundos científicos de Vigo, será o 12 xuño coa presenza de Jorge Otero Millán (University of California, Berkeley) que falará sobre Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares; estará acompañado por Humberto Michinel da Universidade de VIgo. Como nos casos anteriores terá lugar no edificio Redeiras a partir das 19.30 horas.

2024-06-12- Ciclo Ciencia Tres
Jorge Otero Millán

Vigo, 1982. Estudou Enxeñería de Telecomunicación na Universidade de Vigo e rematou a especialidade de telemática no 2006.
Traballou como bolseiro en prácticas na empresa viguesa 2Mares Demil, desde a que fixo o seu proxecto de fin de carreira.
O seu primeiro logro profesional foi o traballo como axudante de investigación, analista de datos e programador no Instituto Neurolóxico Barrow, en Phoenix, Arizona, no laboratorio da tamén galega a doutora Susana Martínez Conde. Neste traballo iniciouse na investigación arredor da percepción visual, tratando de explicar cómo o noso cerebro procesa a información que recibe a través dos ollos e como forma con ela a nosa percepción do mundo.
Na actualidade é profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California, Berkeley.

UVigo Edificio Redeiras

Rúa da Ribeira do Berbés
Vigo, Pontevedra, Galicia 36202 Spain
+ Google Map
986 13 03 13