Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Ciclo Os mundos científicos de Vigo

12 Xuño / 19:30 21:00

A Universidade de Vigo, en colaboración co Ateneo Atlántico organiza o ciclo de coloquios divulgativos Faladoiros no Berbés baixo o epígrafe xenérico Os mundos científicos de Vigo. As actividades terán lugar os días 3, 10 e 13 de xuño, no edificio Redeiras, a partir das 19.30 horas.

2024-06-04-Ciclo Ciencia

A idea de realizar este ciclo de faladoiros parte do Ateneo Atlántico, asociación que trata de crear espazos de debate, divulgación e promoción cultural, e atopa rápida resposta na Universidade que, con colaboracións coma esta, busca seguir incrementando as pontes con universidades doutros países, así como continuar ampliando a proxección da universidade na cidade.
Dende a organización destacan que este tipo de actividades, estes faladoiros, dan visibilidade e achegan a un público non especializado o traballo que se fai na institución, reafirmando así a súa aposta por trasladar o interese pola ciencia á cidadanía.

O primeiro faladoiro contará coa presenza de Pablo López, Director do xornal de divulgación científica GCiencia e terá lugar o luns 3 de xuño; a presentación correrá a cargo da Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, Belén Rubio Armesto.

O seguinte faladoiro será o 10 de xuño e levará por título Enxeñería da privacidade. Correrá a cargo da docente da Escola Politécnica Federal (EPFL) de Lausanne Carmela González Troncoso, enxeñeira de telecomunicación e investigadora viguesa especialista en privacidade. Estará acompañada polo profesor da UVigo Fernando Pérez González, catedrático de Telecomunicación e coordinador do grupo de investigación Procesado de Sinal en Comunicacións de atlanTTic.

O ciclo rematará o 12 xuño coa charla Tecnoloxía e aplicacións de movementos oculares, impartida por Jorge Otero Millán, exalumno da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que actualmente traballa como profesor de Optometría e Ciencias da Visión na Universidade de California, Berkeley. Estará acompañado polo catedrático en Física Humberto Michinel, docente na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo especializado no campo da fotónica e as tecnoloxías láser.

UVigo Edificio Redeiras

Rúa da Ribeira do Berbés
Vigo, Pontevedra, Galicia 36202 Spain
+ Google Map
986 13 03 13