Club de lectura. Xaneiro
Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, SpainO libro seleccionado para o Club de lectura do mes de xaneiro (xuntanza 7 de febreiro) é La historia de los vertebrados, de Mar García Puig.
O libro seleccionado para o Club de lectura do mes de xaneiro (xuntanza 7 de febreiro) é La historia de los vertebrados, de Mar García Puig.
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de febreiro é Ninguén queda, do vilalbés Brais Lamela. Publicado por Euseino? editores (Vigo, 2022), o libro foi Premio da Crítica en narrativa galega (2022), e Premio Ollo crítico de narrativa (2023). A xuntanza terá lugar o 6 de marzo, ás 18.30 horas, na sede do Ateneo.
O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril, ás 18.30 horas, no espazo Ateneo.
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para o mes de abril é La única historia, de Julián Barnes. A xuntanza terá lugar o martes 7 de maio, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Lembramos que o Club de lectura está aberto a todas aquelas persoas que queiran participar.
O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de maio (xuntanza o 5 de maio, ás 18.30 horas, no local do Ateneo), é Persépole, de Marjane Satrapi.
O Club de lectura do Ateneo Atlántico, e en lugar do habitual, que é un libro, selecciona como temática de lectura para este verán a un autor: Paul Auster. En concreto ponse como deberes para o verán a lectura dos dous libros de Auster traducidos ao galego: Un home na escuridade (lectura principal) e Brooklyb Follies (lectura complementaria), ambos editados por Galaxia.
O libro elixido polo Club de lectura para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza o 6 de novembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo), é Estado de Malestar, da escritora noruega Nina Lykke.
O libro seleccionado polo Club de Lectura do Ateneo Atlático para ler ao longo do mes de novembro é O azul entre o ceo e a auga, da escritora palestina Susan Abulhawa. A xuntanza terá lugar o mércores 4 de decembro, ás 18.30 horas, no local do Ateneo.