- This event has passed.
Capitalismo: da orixe ao colapso
11 Novembro 2022 / 19:30 – 21:00
Capitalismo: da orixe ao colapso
De Polanyi aos desafíos da actualidade
Alfredo Macías Vázquez
Presenta: Remedios Copa
Karl Polanyi (Viena 1886, Pickering 1964), foi un filósofo, científico social e economista político de orixe húngara. É o autor de “A gran transformación” (1944). A súa obra analiza as convulsións políticas e sociais producidas en Inglaterra durante a implantación da economía de mercado e a trasformación social que produciu no mundo occidental.
Alfredo Macías Vázquez é Doutor pola Universidade Complutense de Madrid.
Na actualidade é profesor do Departamento de Economía e Estatística da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de León.
Entre as súas publicacións destaca “O colapso do capitalismo tecnolóxico”, obra na que tenta explicar por que a medida que o progreso técnico se acelera, vivimos cada vez peor, por que mentres os avances científicos se multiplican, o desemprego estrutural non deixa de crecer e as crises económicas son cada vez máis intensas e recorrentes.
Ademais, ten outros 34 libros publicados e numerosos artigos en revistas e capítulos en obras colectivas.