O Padroado de protección á muller en Vigo
Vídeo do acto do Ateneo Atlántico, O Padroado de proteción á muller en Vigo. Con Lucio Martínez Pereda e Chis Oliveira, que se celebrou o martes 13 de maio, ás 19.30 horas na Casa Galega da Cultura.
Vídeo do acto do Ateneo Atlántico, O Padroado de proteción á muller en Vigo. Con Lucio Martínez Pereda e Chis Oliveira, que se celebrou o martes 13 de maio, ás 19.30 horas na Casa Galega da Cultura.
Vídeo da actividade do Ateneo Atlántico “Arqueoloxía dos puticlubs. A pegada da prostitución no noroeste de España”. Con Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño presentados por María Xosé Porteiro. O acto celebrouse o martes 20 de maio na Casa Galega da Cultura cunha masiva participación de público.
Vídeo da primeira colaboración entre os atenenos pertencentes á Federación de Ateneos de Galicia no marco do ciclo Movendo os marcos, Contra o localismo. Participación en Vigo do Ateneo de Ourense con Bieito Iglesias falando sobre O ouro de Ourense coa presentación de Bieito Ledo. O acto celebrouse o martes 3 de xuño, ás 19.30, na Casa Galega da Cultura.
O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o seu vídeo anual para conmemorar o Día das letras galegas.
Nesta ocasión a xornada está dedicada ás Cantareiras e Pendeireteiras; o noso vídeo, ademais de lembrar estas figuras imprescindibles para a tradición oral galega, lembra tamén momentos da manifestación en defensa da Lingua Galega celebrada en Compostela o 23 de febreiro.
Vídeo do acto “Construír a democracia. Pasando o testemuño da igualdade”, coa presenza de Magis Iglesias, presentada por María Xosé Porteiro, organizado polo Ateneo Atlántico o 22 de abril na Casa galega da cultura.
Hoxe presentamos o vídeo do acto do Ateneo Atlántico arredor da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio (historia e arqueoloxía), a partir do libro Ciudad de la selva, de Carlos Tejerizo e Alejandro Rodríguez (coordinadores). Coa participación de Mario Pereiro, Fran Alonso e Paco Macías.
Vídeo do acto organizado polo Ateneo Atlántico para falar sobre a represión franquista na zona de Vigo e moi especialmente do cárcere de San Simón. No acto participou Pepe Álvarez Castro na compaña de Rosa Pascual.
Vídeo do acto organizado polo Ateneo Atlántico en colaboración coa Revista Galega de Educación para falar sobre Educación afectivo-sexual na adolescencia hoxe.
O Ateneo Atlántico estrea o vídeo da presentación do libro A filla de Lucrecia, de Xabier Paz, coa presenza do autor e con Irene Felpeto e Edurne Baines.
Vídeo da charla de Carmela Ríos sobre Tecnopopulismo (Redes e desiformación), o 18 de marzo. O acto presentouno Irene Bascoy.