O aire será a páxina. Poesía fora do papel. Yolanda Castaño. Ciclo Fala Viva 6
17 Novembro / 19:00 – 21:00
“O aire será a páxina. Poesía fora do papel” é o sexto acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estará presente Yolanda Castaño que será presentada por Luísa Abad do Ateneo Atlántico. Cando? Martes 17 de novembro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

Máis información
– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”

