Cargando eventos

« Todos os eventos

Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral. Ciclo Fala Viva 1 (Pontevedra)

26 Outubro / 19:00 – 21:00

“Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico na cidade de Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra. Quen? Camiño Noia será presentada por Luís Rei presidente do Ateneo de Pontevedra. Cando? Luns 26 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? Na Biblioteca IES Valle-Inclán de Pontevedra.

2026-10-08 FalaV PaxIni
A relatora. Camiño Noia

Camiño Noia (Santiago de Compostela, 1945) é unha das figuras de referencia e investigación máis destacadas da literatura e da lingüística galega. Catedrática e Profesora Emérita da Universidade de Vigo, a súa traxectoria académica caracterízase por un fondísimo compromiso coa docencia, a tradución e a análise textual, ademais de ser unha das grandes impulsoras dos estudos de filoloxía e tradución en Galicia.
No eido da literatura de tradición oral, Camiño Noia ten un papel fundamental como investigadora e divulgadora do noso patrimonio inmaterial. É autora de obras clave na materia como Contos galegos de tradición oral (2002), o monumental Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral (2010) e o ensaio O conto de tradición oral (2024), ademais de dirixir proxectos arredor da tipoloxía da narrativa oral e a representación da feminidade nos mitos, contos e lendas. A súa rigorosa labor de clasificación, recollida e análise antropolóxica sitúana como un piar imprescindible para comprender e preservar o imaxinario colectivo e os relatos da nosa memoria oral.

Fonte: Wikipedia.

Máis información

– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”.

– Pregón-manifesto de Camiño Noia para o Día Mundial da Narración Oral de 2026. Atlántica. Sete falares. Noga.

– Enlace ao acto na web do Ateneo de Pontevedra. Ateneo de Pontevedra.

– Enlace á web do Ateneo de Pontevedra.