Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. Ciclo Fala Viva 3.

29 Outubro / 19:00 – 21:00

“Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego” é o terceiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Rafael Quintiá o autor do libro será presentado por Miguel Costas do Ateneo. Cando? Xoves 29 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

2026-10-29 Heichas 1600x1600
O relator. Rafael Quintiá

Rafael Quintía Pereira é antropólogo, economista, escritor e realizador de documentais. Exerce como antropólogo profesional na empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural, da que é socio fundador e administrador. Ademais é profesor-titor na UNED.

As súa liñas de investigación céntranse, fundamentalmente, no patrimonio inmaterial, en concreto na mitoloxía, a relixiosidade popular e a etnomedicina. Gañador de cinco premios de investigación e ensaio: Premio de Investigación Xermade na Historia (2020), Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010).

É autor de trinta e catro libros, de varias obras colectivas e dun centenar de artigos. No campo da antropoloxía visual realizou catorce documentais etnográficos. Colaborador habitual en medios de comunicación (prensa escrita, radio e televisión), dirixe ademais a publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza.

É membro do Observatorio Internacional de Cátedra UNESCO da Universitat de València (Comité de Europa), membro fundador e Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), responsable de patrimonio da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcedo, membro do comité científico de Amigos de la Cultura Celta e foi Vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO).

A obra

“Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego” é unha obra fundamental do antropólogo e escritor pontevedrés Rafael Quintiá, publicada en 2019 pola editorial Ab Origine Edicións. O libro é un compendio antropolóxico e etnográfico que recolle un total de 175 lendas e relatos tradicionais galegos. O volume é o froito de máis de quince anos de traballo de campo continuado por toda a xeografía de Galicia; o autor dedicouse a escoitar, gravar e transcribir directamente as historias narradas polos maiores en diferentes aldeas e comarcas.

Ao longo das súas case 400 páxinas, a compilación abrangue mitos sobre seres máxicos, lendas asociadas a elementos da paisaxe (pedras, fontes, montes), testemuños sobre o alén e relatos relixiosos ou pagáns que definen a identidade colectiva galega.

O libro conta ademais cun prólogo da recoñecida actriz e contadora de historias Soledad Felloza.

A gravación do acto

.

O acto
2026-10-29 Heichas Mesa
2026-10-29 Heichas Grupo
2026-10-29 Heichas Rela1
2026-10-29 Heichas Rela2
Máis información

– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”