1. Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral. Ciclo Fala Viva.
8 Outubro / 19:00 – 21:00
“Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Camiño Noia será presentada por Teresa Abad presidenta do Ateneo. Cando? Xoves 8 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

A relatora. Camiño Noia
Camiño Noia (Santiago de Compostela, 1945) é unha das figuras de referencia e investigación máis destacadas da literatura e da lingüística galega. Catedrática e Profesora Emérita da Universidade de Vigo, a súa traxectoria académica caracterízase por un fondísimo compromiso coa docencia, a tradución e a análise textual, ademais de ser unha das grandes impulsoras dos estudos de filoloxía e tradución en Galicia.
No eido da literatura de tradición oral, Camiño Noia ten un papel fundamental como investigadora e divulgadora do noso patrimonio inmaterial. É autora de obras clave na materia como Contos galegos de tradición oral (2002), o monumental Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral (2010) e o ensaio O conto de tradición oral (2024), ademais de dirixir proxectos arredor da tipoloxía da narrativa oral e a representación da feminidade nos mitos, contos e lendas. A súa rigorosa labor de clasificación, recollida e análise antropolóxica sitúana como un piar imprescindible para comprender e preservar o imaxinario colectivo e os relatos da nosa memoria oral.
Fonte: Wikipedia.
Máis información
– Enlace a información do Ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras”.
– Pregón-manifesto de Camiño Noia para o Día Mundial da Narración Oral de 2026

