AS ESCRAVAS DO SÉCULO XXI
Conversan:
Silvia Pérez Freire
Mª Xosé Porteiro
Mércores 9 de marzo 19h
Casa Galega da Cultura

 Dentro da semana para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, o Ateneo Atlántico propón un interesante conversa entre María Xosé Porteiro e Silvia Pérez Freire.

O tema, o que avanza o título da actividade, a trata de seres humanos, case todas mulleres, para usalas na prostitución.

Cada ano, arrededor de tres millóns de persoas, máis do 80% mulleres e nenas, son vítimas de trata con fines de explotación sexual e laboral.
Así, a prostitución colócase como tercer negocio clandestino máis lucrativo do mundo, só por detrás do tráfico de armas e de drogas.

A actividade terá o formato dunha conversa entre Silvia Pérez Freire e María Xosé porteiro, e será o mércores 9 de marzo, ás 19 horas, na Casa Galega da cultura.

As relatoras

María Xosé Porteiro García (Madrid, 1952), é unha xornalista,
política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en
Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
Como
xornalista traballou en La Voz de Vigo, no xornal El Pueblo Gallego e
en Radio Popular de Vigo. Publica en La Voz de Galicia, El País e
Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.
Concelleira
polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de
igualdade, deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos
Deputados, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina, Membro das
Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.
Na actualidade é
adxunta á Valedora do Pobo galego.É
socia fundadora do Ateneo Atlántico e colaboradora do Centro de
Documentación de Recursos Feministas de Vigo.

Entre a
súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001, Ir Indo),
Sándalo (2019, Galaxia, ou Buscando a Clara (colección Historias
para coñecermos Vigo, 2019, Elvira).

Silvia Pérez Freire é Doutora en Socioloxía especializada en
Violencia de Xénero desde hai 18 anos. Desde o ano 2007 imparte
docencia na Universidade de Vigo e traballa como consultora
científica. Pertence á Rede Iberoamericana sobre Imaxinarios e
Representacións, á Rede Académica Internacional de estudos de
Prostitución e Pornografía e é co-fundadora da Rede Galega contra
a trata sexual, unha plataforma formada por 10 ONGs que dedican os
seus esforzos ao traballo con vítimas de trata sexual.
Participou
activamente en numerosos estudos e entre os que dirixiu atópanse:
“Análise e diagnóstico da situación das mulleres vítimas de
violencia de xénero cun trastorno  adictivo activo”
(2017-2018) financiado pola Consellería de Sanidade (Xunta de
Galicia) ou “Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria
na cidade de Ourense” (Concello de Ourense, 2019). Publicou 11
libros e unha vintena de artigos académicos vinculados á violencia
de xénero. Entre os máis relevantes: o “Informe Estudo 
exploratorio de trata de persoas en Galicia” (Xunta de Galicia,
2013) e a tese “ Victimización de trata sexual: imaxinarios e 
invisibilización” (Ministerio de Presidencia, 2019), ambas de
descarga gratuíta na internet.