- Este evento pasou.
Chámome Begoña de Xosé Tomás
21 Maio / 19:30 – 20:30
Presentación do libro “Chámome Begoña, Begoña Caamaño para crianzas” desenvolvido por Xosé Tomás coincidíndo coa celebración do día das Letras Galegas 2026 dedicado a Begoña Caamaño. Quen? O autor Xosé Tomás Díaz Teijo estará presentado por Ana María Pérez Rico da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (promotora do libro). Cando? Xoves 21 de maio ás 19.30 h. Onde? No Espazo Ateneo (Rúa Hernán Cortés 28 baixo).

O libro
“Chámome Begoña. Begoña Caamaño para crianzas”. é un libro ilustrado feito para a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), que o publica. O libro conta cunha versión en vídeo, editada por Manuel Díaz, e coas voces de Suevia Cividanes (unha rapaza fantástica do meu cole), Manuel Díaz, e coa supervisión radiofónica de Lola Sánchez. O video pode verse aquí: https://youtu.be/8TotZLqmP1Y
O autor
A maioría da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil. Ten feito viñetas cómicas para xornais e revistas. Traballou tamén o cartelismo didáctico e conduciu diferentes obradoiros sobre Banda Deseñada expoñendo obra en mostras e salóns do comic. Ten participado en varias feiras e cursos internacionais: La Habana, Abuja (Nixeria), Londres, Frankfurt.
O video do libro
O acto
.
.

.

.

.

.


