- Este evento pasou.
Sempre Xonxa. CinemAteneo
19 Maio / 19:30 – 21:00
O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar a pelicula Sempre xonxa de Chano Piñeiro, Quen? A protagonista Uxía Blanco asistirá á proxección. Cando? Martes 19 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Cines Norte. (Pendente de completar !)

O filme
Sempre Xonxa é un filme galego dirixido por Chano Piñeiro e estreado en 1989. Foi a primeira longametraxe galega rodada en 35 mm e comparte con Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal, e con Continental, de Xavier Villaverde, a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego. Durante vinte anos foi o filme en galego máis visto da historia, con 62.203 espectadores nos cinemas logo da súa estrea, só superado por O que arde en 2019.
Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, o Birutas, ten que emigrar, deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando o Birutas regresa de América, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada con Pancho.
(Da ficha do filme na Wikipedia)
O acto

.


