- Este evento pasou.
Saída polo casco histórico (2)
10 Outubro / 17:30 – 20:00
Despois do éxito da primeira edición, o Ateneo Atlántico organiza unha segunda saída polo casco vello de Vigo da man de Rosa Sáenz. Terá lugar o venres 10 de outubro; o lugar de reunión será a Praza da Constitución, ás 17.30 horas.

O percorrido partirá da Praza da Constitución, para seguir pola praza da Pedra, antigo mercado da Laxe, rúa Xaquín Yáñez, Princesa e Porta do Sol. A duración aproximada será de 2 horas e media.
Dado o escaso aforo da actividade (máximo 25 persoas), precisamos facer unha pre-anotación a través do correo:
actividades@ateneneoatlantico.gal.
Por este mesmo motivo, unicamente abriremos a participación ás persoas socias, e cada socia soamente poderá anotar a outra persoa acompañante.